Quantcast
Channel: PSOE Provincial de Lugo » Porto Seco
Viewing all articles
Browse latest Browse all 3

A visita do presidente da Xunta a Monforte, un acto electoral ou un compromiso cos veciños

$
0
0

Por todos é coñecido que o presidente da Xunta de Galicia acudirá mañá a este municipio para presentar a candidata do Partido Popular ás eleccións municipais de 2015, pois ben, os socialistas agardamos que esta visita non só se reduza a un acto meramente electoral e político, senón que sirva para confirmar que a administración autonómica acepta, como mínimo, as emendas que presentamos aos Orzamentos do vindeiro ano para este concello.

Consideramos que a prioridade dese acto non ten ser só o PP, senón as necesidades dos veciños de Monforte. É por este motivo polo que esperamos que o titular do Goberno galego non deixe pasar a oportunidade para dar un trato xusto e igualitario aos cidadáns deste municipio. En definitiva, o que agardamos é que a Xunta nos demostre que a presenza do Sr. Conde e da Sra. Barreira serven para traer investimentos novos para esta comarca e para resolver os problemas dos cidadáns, non para crealos.

Así o pensamos e así o dixemos no trancurso da visita realizada a unha das actuacións que están pendentes de executar polo Goberno galego, e que foron incluídas nas propostas que presentamos. Concretamente, as emendas inclúen un aumento no investimento previsto polo Exectuvo neste municipio para o vindeiro ano de preto de 3,3 millóns de euros, e están destinadas a impulsar o tecido socioeconómico e industrial do mesmo. Neste senso, ademais da indicada, cuxo incremento ascende a 800.000 euros, engadimos o enlace da plataforma loxística ata a LU-564 (1 millón de euros), arranxo do viario de titularidade autonómica que vai dende a rúa Escultor Francisco Moure ata o entronque de Castro Caldelas (300.000 euros), e a construción dunha nova EDAR e mellora do abastecemento de augas (1.171.000 euros).

Consideramos necesario para o desenvolvemento da zona que a Xunta de Galicia aumente o seu investimento, pois só así se poderían compensar os incumprimentos destes últimos catro anos. E é que o Goberno da Xunta, dos máis de 82 millóns que leva comprometidos dende 2010 ten pendentes de executar máis do 33%, é dicir, 27,4 millóns. Isto supón que Feijóo adebeda a cada monfortino máis de 1.300 euros en inversión.

E é que os retrasos na execución destes proxectos son máis que constatables. A Vía de Alta Capacidade, na que administración autonómica leva comprometidos 68,7 millóns de euros, acumula un retraso de 3 anos. Polo que respecta á Variante Leste e conexión do Porto Seco coa N-120, o Executivo comprometeu 13,4 millóns de euros. Neste caso, os traballos previos iniciáronse en agosto, dezaoito meses despois de que a a Delegada Territorial Raquel Arias afirmase publicamente que darían comezo.

E, finalmente, no caso da conexión da plataforma loxística coa LU-546, o Goberno autonómico consignou máis de 317.000 euros, pero executou cero euros. O proxecto de redacción do estudo informativo adxudicouse en 2011, pero, a día de hoxe, as obras aínda non comezaron, acumulando así unha demora de tres anos.

Con todo, maña sairemos de dúbidas, pois será o propio Feijóo o que aclare se detrás desta vista só hai un fin electoralista ou, pola contra, existe un compromiso real con Monforte, tal e como merecen os veciños.

 

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 3

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


AKEEM LASISI [20.214]


CATERINA DAVINIO [20.217]